|
|
|
Begonte, na Terra Chá. Enclavado na comarca natural máis ampla e máis plana de Galicia, o Concello de Begonte.
Esta situado ó occidente da Provincia de Lugo. Ten unha extensión de 125,4 kilómetros cadrados, e limita cos de Guitiriz, Vilalba, Cospeito, Rábade, Outeiro de Rei e Friol. Pertence ó partido xudicial de Vilalba. A capital do concello está a 19 km da capital da provincia.
|
|
| Chegada a Begonte desde Lugo (N-VI) | |
A súa superficie é plana na zona central do concello, como corresponde á comarca na que está enclavado. As zonas altas do concello están situadas ó norte, noroeste e sur. Os puntos máis elevados, nas serras occidentais do Concello, son o Cordal, con 735 metros, seguido de Monterredondo e Pena Cha con 600 m.
Seguindo a zona máis baixa do concello, case paralelas ó eixo fluvial Parga-Ladra, pasan a estrada NVI, a autovía A VI Madrid-A Coruña e o ferrocarril Palencia-A Coruña.
|
|
| Autovía A-6 | |
Comparten o esquema principal de comunicacións por estrada a de Rábade a Vilalba, e a de Baamonde—Vilalba, que comunican o concello coa capital da comarca. A futura A-8, que de Vilalba ven a Baamonde, dará un papel preponderante a Begonte como núcleo de comunicacións.
O Concello de Begonte está formado por 19 parroquias, cun total de 103 entidades de poboación.

